Pestanas principais

Rematan os obradoiros de acollemento lingüístico no Milladoiro e Bertamiráns cunha participación total de 34 persoas de diversas nacionalidades

Mércores, 12 de novembro de 2025

Este pasado mércores, 5 de novembro, púxose fin a unha nova edición do obradoiro de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!”, que se desenvolveron na localidade de Bertamiráns e O Milladoiro ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro. Nesta ocasión, participaron en ámbolos dous obradoiros un total de 34 persoas de diferentes lugares co obxectivo de achegarse á cultura e lingua galega.

O obradoiro de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!” puxo fin á súa décimo sétima edición o pasado mércores, 5 de novembro, coa última das sesións no Milladoiro. A iniciativa, que se desenvolve coa colaboración das concellarías de Normalización Lingüística e Benestar Social, ten como obxectivo achegar a lingua e a cultura galega á veciñanza amesá procedente de fóra de Galicia. 

Nesta ocasión, participaron un total de 34 persoas en ámbalas dúas quendas. O obradoiro de Bertamiráns, que se desenvolveu do 15 de setembro ao 8 de outubro no Pazo da Peregrina, contou con 14 alumnos/as procedentes de Marrocos, Colombia, Venezuela, Panamá, Italia, Cataluña e o Brasil. Na quenda do Milladoiro, que se impartiu na Casa da Cultura desde o 13 de outubro ao 5 de novembro, participaron 20 persoas de 7 destinos diferentes: Colombia, Perú, Cuba, Venezuela, Brasil, Hungría e Valencia. 

As clases impartíronse os luns, martes, mércores e xoves, en horario de 9.30 a 11.30 horas. En total, os obradoiros estiveron conformados por 15 sesións, impartidas polo persoal do Servizo de Normalización Lingüística de Ames, e cunha duración total de 30 horas. Ademais, todos os participantes recibiron un diploma acreditativo de asistencia á formación. 

As razóns de participación nas dúas quendas do obradoiro son bastante semellantes. A maior parte dos participantes chegaron recentemente ao concello e ven a lingua galega como un vehículo de cohesión e de integración social. Tamén destacou a súa motivación para poder comunicarse en galego coa súa familia, amizades e outras persoas do seu día a día. Nesa liña, moitas das persoas asistentes ven este obradoiro como unha oportunidade para atreverse a dar ese primeiro paso para comezar a falar galego e achegarse á cultura galega, así como unha ferramenta imprescindible para o ámbito laboral en Galicia.

Rematan os obradoiros de acollemento lingüístico no Milladoiro e Bertamiráns cunha participación total de 34 persoas de diversas nacionalidades

Multimedia

  • Rematan os obradoiros de acollemento lingüístico no Milladoiro e Bertamiráns cunha participación total de 34 persoas de diversas nacionalidades