[03-07-2011] O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns estivo cheo de xente que non quixo perderse o acto de clausura das actividades que desenvolve a Oficina de Voluntariado de Ames. Ao evento acudiron todas as persoas que desinteresadamente cada ano ofrecen os seus servizos de xeito gratuíto e de xeito desinteresado. Grazas a estes veciños e veciñas de Ames pódense impartir os cursos de corte, confección e patronaxe; o curso de viticultura; o curso da Escola Integral de Maiores; os cursos de informática, nos que participaron os alumnos/as da Escola Integral de Maiores; e os cursos de castelán para estranxeiros. Tamén hai que destacar o importante traballo que levan a cabo durante todo o ano as persoas que atenden o roupeiro municipal.

O acto rematou coa entrega de diplomas aos voluntarios/as e aos diferentes participantes das actividades organizadas pola OVA. O alcalde de Ames, Santiago Amor, estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, na entrega de diplomas. Ademais animou a que a ex-concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, participase na entrega de diplomas. Todos os alumnos e alumnas que asistiron durante todo o ano aos cursos mostraron o seu agradecemento ao profesorado. Manuel Oitavén, voluntario e profesor do seminario de viticultura, dou lectura a un poema propio para por punto e final a este festival.
Cómpre lembrar que a campaña de captación de voluntariado está aberta todo o ano, polo que todas as persoas que estean interesada en formar parte do voluntariado do concello poden pasar polas oficinas municipais do Milladoiro e Bertamiráns ou informarse máis polo miúdo chamando ao teléfono 981883703.

O rexedor municipal destacou que "tanto as obras de teatro, as poesías coma a canción son un regalo precioso que nos fixestes ó público. Eu non podo máis que reiterar que admiro a calidade persoal de xente que, coma os voluntarios, ofrece os seus servizos ós demais sen pedir nada a cambio. Quero expresar o meu agradecemento a todos os que fan posible que o programa de voluntariado funcione en Ames. Dende o Concello potenciaremos este servizo que fomenta valores imprescindibles para a sociedade, como son a solidariedade e a bondade".

Todas estas actividades desenvólvense ao longo de todo o ano en Bertamiráns e no Milladoiro. As persoas voluntarias, que exercen de profesores, foron as verdadeiras protagonistas do acto porque sen elas non sería posible levar adiante ningún destes cursos. Pero ademais dos voluntarios tamén asistiron todos os alumnos e alumnas que ao longo de nove meses asistiron a estas actividades. Todas estas persoas prepararon con gran esmero un festival de fin de curso. Cómpre salientar que durante este ano asistiron a todas estas actividades arredor de 230 persoas entre alumnos/as e profesores/as.
O festival comezou coa benvida e agradecementos de Rubén Ramos, o coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames (OVA). Logo interveu o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro Santiago, quen asegurou que "grazas aos veciños voluntarios en Ames pódense impartir cursos de corte, confección e patronaxe, o curso de viticultura, o curso da Escola Integral de Maiores, os cursos de informática, nos que participaron os alumnos/as da Escola Integral de Maiores e os cursos de castelán para estranxeiros" agradeceu ese traballo e dixo que "dende o Concello estamos orgullosos de ter veciños coma vós, e que seguiremos impulsando o voluntariado en Ames".
O festival continuou coas representacións teatrais das obras "el restaurante", "aquí non hai crise", "El mercado" e "La gallina" cun recital poético das alumnas da escola Integral de Maiores de Milladoiro e a interpretación da canción "Mi viejo San Juan". Tralas representacións do alumnado que participou nos cursos da OVA, o alcalde de Ames, Santiago Amor, clausurou o acto felicitando ao alumnado e profesorado polo festival que organizaron.





