Pestanas principais

Rematan as obras para a mellora dos camiños de Sisalde e de Pousada á capela de San Xoanciño

Luns, 29 de outubro de 2018

[29-10-2018] Nas últimas semanas remataron as obras de mellora do camiño situado no lugar de Sisalde, pertencente á parroquia de Ortoño. Estes traballos estaban incluídos no mesmo proxecto que recollía a mellora do camiño que vai de Pousada á Capela de San Xoanciño, na parroquia de Ames. Estas dúas obras foron executadas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto SL, por un importe de 33.949 euros. A través deste proxectos continuouse coa labor de mellora nas comunicacións viarias do rural amesán.


Remataron as obras de pavimentación dun camiño situado no lugar de Sisalde (Ortoño). Estas obras executáronse nun viario, dividido en tres treitos. Para elo aplicouse unha capa de quince centímetros de formigón. Tamén se acondicionou un sobreancho de 80x4,50 metros realizado neste caso mediante seis centímetros de aglomerado en quente.

Previamente, executouse a mellora do camiño de Pousada á Capela de San Xoanciño, divídese en 4 treitos de distintas lonxitudes e anchuras nos que se mellorou a capa de rodaxe mediante tratamento asfáltico superficial, previa canalización de 155 metros de tubería de 400 milímetros de diámetro e execución de arquetas para recollida de augas pluviais. Esta actuación permitiu mellorar a comunicación cun dos puntos máis frecuentados polos veciños e veciñas da parroquia, a capela de San Xoanciño.

Para Blas García, concelleiro de Obras e Servizos Básicos, estas melloras reafirman “a aposta deste goberno por mellorar o rural do noso concello. Somos conscientes da necesidade que teñen as diferentes parroquias de Ames de mellorar as vías de comunicación e, desta volta, melloramos o acceso á capela de San Xoanciño e ao lugar de Sisalde”.

“Esta é a liña a seguir, como demostra a recente adxudicación das obras de mellora dos camiños de Punxeiras Baixas, Seares de Abaixo e Sandar, ou o inicio da licitación para realizar a contratación das obras do camiño de Quistiláns a cemiterio e dos viarios do núcleo de Quistiláns, en Bugallido”, finaliza dicindo Blas Garcia.


Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Rematan as obras para a mellora dos camiños de Sisalde e de Pousada á capela de San Xoanciño"