[05-12-2015] Esta semana remataron as obras que se estiveron executando nos CEIP de Barouta e Agro do Muíño. No colexio de Barouta executouse a reparación da cuberta do pavillón que correu a cargo do Concello e Ames e da Xunta de Galicia, mestres que os traballos para arranxar a cuberta do colexio foron sufragados por parte da Administración local. No caso do CEIP do Agro do Muíño realizáronse obras para finalizar o patio cuberto e revisouse o tellado do edificio do colexio, que presentaba certas deficiencias debido á falta de mantemento de anos anteriores. Estes traballos correron a cargo do Concello, a Xefatura Territorial de Educación e a ANPA do colexio.
Obras no CEIP Agro do Muíño
Os técnicos da Xunta de Galicia tamén se desprazaron até o CEIP Agro do Muíño, acompañados do concelleiro de Educación e do director do colexio, para comprobar a finalización das obras do patio cuberto e para revisar o tellado do colexio, que presentaba certas deficiencias debido á falta de mantemento de anos anteriores.
Unha vez finalizada esta actuación, poderase darlle uso a estas instalacións nas distintas épocas do ano. Deste xeito, pechouse parcialmente o espazo para darlle unha maior utilidade e un mellor aproveitamento ao pavillón polideportivo. O custo destas obras foi asumido polo consistorio amesán, a Xefatura Territorial de Educación e a ANPA do colexio. Os traballos incluíron o peche dos alzados noroeste e nordeste do patio cuberto e a colocación dunha segunda cuberta interior para garantir as axeitadas condicións de uso interior do patio.
Por último, David Santomil, salienta que “a colaboración institucional non debe depender das cores políticas de cada momento. Todas as actuacións en materia educativa estarán monitorizadas polo Observatorio de Educación e o Consello Escolar Municipal de Ames”.
Esta semana varios técnicos da Xunta de Galicia visitaron as instalacións educativas de Ames, para comprobar o estado das cubertas dos centros escolares do CEIP de Barouta e do Agro do Muíño. En Barouta rematouse a reparación da cuberta do colexio e do pavillón polideportivo.
O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, incide en que “estas dúas actuacións eran necesidades demandadas pola comunidade educativa de Barouta dende hai varios anos, que foron resoltas de inmediato polo novo goberno municipal en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación”.
Santomil tamén destaca que “este goberno cumpre e colabora con outras institucións, sen cores políticas. En poucos meses conseguimos solucionar problemas que estaban pendentes dende hai varios anos, como é o caso da cuberta do pavillón e o colexio de Barouta”.
No pavillón polideportivo de Barouta instalouse unha dobre cuberta mediante a colocación dun panel tipo sándwich, que impedirá a entrada de auga e servirá de protector térmico e acústico durante o inverno. Tamén se realizou a reparación dos canelóns e das baixantes. No tellado do colexio realizouse unha reparación para eliminar as goteiras, mediante un selado e taponado das fisuras por onde se realizaban as filtracións no propio edificio e nas aulas.




