Pestanas principais

Rematan as obras de mellora do viario interior de Biduído de Abaixo

Martes, 05 de xaneiro de 2021

O alcalde de Ames, José Miñones, acompañado do concelleiro de Obras, Blas García, e o concelleiro do Rural e Transición Ecolóxica, Manuel Lens, visitaron as obras para mellorar o viario interior en Biduído de Abaixo que remataron o pasado 21 de decembro. Trátase dunha actuación incluída dentro dos proxectos financiados con cargo ao superávit de 2018. Estas obras foran adxudicadas á empresa Construcciones Cernadas SL por un importe de case 50.000 euros.

As obras de mellora dun viario interior no lugar de Biduído de Abaixo xa están rematadas dende o pasado 21 de decembro. O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones Cernadas SL, tivo un custe de 49.343 euros. As reformas executaronse nunha superficie de 1.070 metros cadrados con cinco centímetros de zahorra de 185 centímetros de pavimento de formigón, previa demolición do pavimento existente.

Ademais, realizouse a canalización de 160 metros de tubaxe de PVC de 400 milímetros de diámetro coas súas correspondentes arquetas con sumidoiro e pozos para a recollida das augas pluviais, previa escavación en zanxa. Tamén se contemplou a execución dun total de 28 metros de caz de formigón con reixa e a adaptación dos pozos e arquetas existentes á nova rasante.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “con esta obra, que asumimos con fondos propios, pretendemos arranxar un problema que se viña orixinando todos os anos debido á non existencia de canalización de pluviais, e que ocasionaba que o camiño fose intransitable, así como que se anegara unha propiedade privada”. García salienta ademais que “con este tipo de actuacións continuamos poñendo en valor o noso rural e atendendo as necesidades existentes”.

O alcalde de Ames, José Miñones, resaltou desta obra que se "se está investindo no rural de Ames unha importantente cantidade económica, xa que é necesario e útil que apostemos por dotar ás nosas parroquias dos mellores servizos, e ademais que estes se fagan con calidade, por iso se están realizando en formigón todas as actuacións de pavimentación que se realizan nos interiores dos lugares, para que estes duren máis tempo en bo estado".

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Concluyen las mejoras de la red vial de Outeiro y Biduído de Abaixo, en Amea"

Compostela 24 horas: "Rematan as obras de mellora do viario interior de Biduído de Abaixo"

 

Biduído de Abaixo.

Multimedia

  • Biduído de Abaixo.