Pestanas principais

Rematan as obras de accesibilidade nas rúas de Bertamiráns a través dunha actuación incluída no Plan Impulsa Ames cofinanciado polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020

Xoves, 14 de xaneiro de 2021

O Concello de Ames avanza no desenvolvemento do Plan Impulsa Ames, que se enmarca dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). Un dos proxectos que vén de rematar é a eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade en Bertamiráns. Este proxecto está incluído dentro do Obxectivo Temático 6 da EDUSI dirixido a “Preservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos”, e concretamente na liña de actuación LA8 “Programa para a revitalización e valorización urbana dos núcleos de centralidade do municipio”. Ademais, o proxecto de mellora da accesibilidade en vaos de pasos de peóns no Milladoiro tamén está rematado.

O Concello de Ames vén de rematar as obras de eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade en diversas rúas de Bertamiráns. Este proxecto enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames, e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do eixe 12 do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE). O remate deste proxecto súmase ao que se executou na localidade do Milladoiro, tamén incluído no Plan Impulsa Ames cofinanciado polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

En Bertamiráns, os traballos foron adxudicados á empresa Obras y Viales de Galicia SL (OVIGA SL) por un importe de 69.820 euros. As obras de eliminación de barreiras en materia de accesibilidade universal no espazo público urbanizado de Bertamiráns executáronse en diferentes tramos da avenida da Maía e cruces puntuais desta vía coa avenida da Peregrina, a travesía da Peregrina, e as rúas Rueiro, Alcalde Lorenzo, praza do Concello, da Fragua, do Pedregal, Fontaldeiro e Poeta da Maía. Nesta localidade tamén se mellorou a accesibilidade na travesía da Peregrina, na avenida da Peregrina e no camiño do Rueiro.

No caso das obras do Milladoiro foron executadas pola empresa Construcciones Iglesias Mera SL e contaron cun presuposto de 10.807,45 euros. No Milladoiro executáronse ditas obras no paso de peóns de avenida de Rosalía de Castro á altura da intersección coa rúa da Moa por un lado e por outro coa rúa Agro do Medio, así como no cruce da avenida de Rosalía de Castro coa rúa da Cruxa.

En ambas localidades, as actuacións executadas tratan de resolver de xeito accesible a continuidade peonil da que carecen estas rúas, para que todas as persoas poidan utilizar o espazo público, con independencia da súa condición e o seu nivel de mobilidade. 

O alcalde de Ames, Jose Miñones, explica que “é prioritario poder avanzar no Plan Impulsa Ames e na liña de accesibilidade, que complementa as outras actuacións realizadas ao longo destes anos e que están a adaptar os edificios municipais así como as rúas de Ames”.

Plan Integral de Accesibilidade de Ames

Para o desenvolvemento das actuacións de accesibilidade que se executaron, tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, tívose en conta o Plan Integral de Accesibilidade de Ames, no que se indican como incumprimentos xeralizados a resolver a ausencia de vaos peonís adecuados en determinados cruces, a existencia de pavimentos inadecuados, a carencia de varandas de apoio en escaleiras e desniveis, e a inexistencia de sinalización de pasos de peóns en determinados cruces. 

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, indica que “coa execución destas obras pretendemos continuar a accesibilidade do noso concello, e seguir co proxecto e a planificación iniciada no mandato anterior no que se realizaron varias obras, entre as que destacan a adaptación de edificios públicos, a rúa Agro do Medio, a praza da Maía, o novo parque adaptado do Milladoiro, etc.”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Bertamiráns y O Milladoiro estrenan varias calles accesibles"

El Correo Gallego: "Eliminadas barreras en los cruces de la avenida da Maía de Bertamiráns"

Pasos peóns.

Multimedia

  • Pasos peóns Bertamiráns.
  • Pasos peóns Bertamiráns.
  • Pasos peóns Bertamiráns.
  • Pasos peóns Milladoiro.
  • Pasos peóns Milladoiro.