[09-12-2013] A Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo informa de que rematou o segundo prazo, que ía dende o 28 de decembro ata o 8 de decembro, establecido nas bases do concurso, para recoller os vales de compra (por importe de 500 euros) cos que se premiaba ás persoas portadoras dos primeiros números suplentes 12291 e 09594 resultantes do sorteo celebrado o pasado día 15 de novembro. Ata o de agora foi entregado o vale de compra correspondente ao número 05439, que foi recollido o pasado día 22 de novembro por Antonio Balsa Iglesias, residente en Montouto, no veciño Concello de Teo. Por esta razón, xa quedaron anulados os seus números suplentes, o 12008 e o 14448.
O pasado 29 de novembro anuláronse os números 07721e 08149, e este luns 9 de decembro anúlanse tamén os seus primeiros números suplentes, o 12291 e 09594, xa que non apareceu ningunha persoa portadora destes boletos. Deste xeito, tal e como establecen as bases do concurso, ábrese o último prazo de 10 días naturais para poder recoller os dous vales de compra que corresponden aos segundos números suplentes, e que son o 09451 e 00506. Este período abrangue dende o día 9 ata o 18 de decembro. No caso de que tampouco aparecesen as persoas portadoras destes números, no prazo establecido, estes premios quedarán desertos.




