Pestanas principais

Remata o segundo prazo para recoller os vales de compra dos números premiados no sorteo da campaña comercial "Este outono caen premios"

Luns, 09 de decembro de 2013

[09-12-2013] Rematou o prazo de dez días naturais, que ía dende o 28 de novembro ata o 8 de decembro, establecido nas bases do concurso "Este outono caen premios", para recoller os vales de compra (por importe de 500 euros) cos que se premiaban ás persoas portadoras dos primeiros números suplentes 12291 e 09594 resultantes do sorteo celebrado o pasado día 15 de novembro. Estes vales poderán ser gastados en calquera dos establecementos participantes nesta campaña. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o cartel cos números premiados e as bases desta campaña comercial.

A Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo informa de que rematou o segundo prazo, que ía dende o 28 de decembro ata o 8 de decembro, establecido nas bases do concurso, para recoller os vales de compra (por importe de 500 euros) cos que se premiaba ás persoas portadoras dos primeiros números suplentes 12291 e 09594 resultantes do sorteo celebrado o pasado día 15 de novembro. Ata o de agora foi entregado o vale de compra correspondente ao número 05439, que foi recollido o pasado día 22 de novembro por Antonio Balsa Iglesias, residente en Montouto, no veciño Concello de Teo. Por esta razón, xa quedaron anulados os seus números suplentes, o 12008 e o 14448.

O pasado 29 de novembro anuláronse os números 07721e 08149, e hoxe anúlanse tamén os seus primeiros números suplentes, o 12291 e 09594, xa que non apareceu ningunha persoa portadora destes boletos. Deste xeito, tal e como establecen as bases do concurso, ábrese o último prazo de 10 días naturais para poder recoller os dous vales de compra que corresponden aos segundos números suplentes, e que son o 09451 e 00506. Este período abrangue dende o día 9 ata o 18 de decembro. No caso de que tampouco aparecesen as persoas portadoras destes números, no prazo establecido, estes premios quedarán desertos.

Nesta iniciativa participaron máis de 70 establecementos pertencentes a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), a Asociación de Empresarios e Profesionais do Milladoiro (AEMI), a Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar e a Asociación Empresarial Polígono Novo Milladoiro. A través desta campaña pretendeuse dinamizar o sector comercial amiense e que a veciñanza acudise aos comercios locais para realizar as súas compras. Ademais, pretendíase crear dinámicas de colaboración e traballo conxunto entre as catro asociacións comerciais existentes na actualidade no termo municipal de Ames.

Estableceuse un prazo de 10 días naturais para recoller os vales
As persoas que posúan os números 09451 e 00506 dispoñen dun prazo de 10 días naturais, dende o día 9 ata o 18 de de decembro, para recoller os seus respectivos vales de compra na Casa do Concello (departamento de Comercio e Promoción Económica), de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 horas. Se transcorridos estes 10 días de prazo non aparece gañador ou gañadora estes premios quedarán desertos.

Os vales de compra teñen un valor de 500 euros cada un, e terán que ser consumidos en calquera dos establecementos participantes na campaña. As compras deberán ser realizadas sempre polos titulares dos vales, que dispoñerán do prazo dun mes a partir da data de entrega. As persoas agraciadas deberán gastar os 500 euros de compra nun mínimo de 5 establecementos diferentes, sen que quede establecida unha contía mínima para cada compra realizada.

Para calquera aclaración ou consulta sobre o desenvolvemento desta campaña, poden poñerse en contacto co persoal da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo no teléfono 981 883 002 ou no correo electrónico guiadecompras@concellodeames.org.