[19-07-2018] Un total de 798 alumnos e alumnas, que cursaron sexto de primaria, segundo e cuarto da ESO e primeiro de bacharelato dos centros escolares de Ventín, Barouta, Agro do Muíño, A Maia, IES do Milladoiro e IES de Bertamiráns, beneficiáronse do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar. Neste programa tamén participaron as familias de dito alumnado e 44 docentes dos citados centros de ensino. Impartíronse 190 horas de sesións co alumnado, divididas nunha media de cinco sesións por aula. Para iso adaptáronse os contidos a cada nivel de idade e maduración. Tamén se tiveron en conta as circunstancias particulares de cada grupo. Asemade, realizáronse 76 horas de sesións cos profesores/as (38 titores/as e 6 persoas de equipos directivos e de orientación) e 22 horas de traballo con familias.
Seguindo co programa posto en marcha nos centros escolares de titularidade pública de Ames, no último trimestre do curso 2016/2017, durante curso escolar 2017-2018 continuouse e ampliouse o programa a 1º de Bacharelato. Este programa está promovido polo Concello de Ames, a través da Concellería de Sanidade e Servizos Sociais.
O programa establece uns obxectivos xerais orientados a reducir os factores de risco e potenciar os factores de prevención, proporcionándolle ao alumnado a adquisición de capacidades e habilidades que lles permitan desenvolver estilos de vida saudables e afrontar adecuadamente as posibles situacións de perigo relacionadas ou non directamente con posibles adicións que poidan ir aparecendo o longo do seu desenvolvemento. Tamén se traballa para aumentar as capacidades e habilidades persoais de resistencia a oferta de sustancias promovendo o desenvolvemento de recursos propios que faciliten actitudes e condutas de rexeitamento ao consumo ou, si se da, atrasándoo o maior tempo posible.
Deste xeito, un total de 798 alumnos e alumnas, que cursaron sexto de primaria, segundo e cuarto da ESO e primeiro de bacharelato dos centros escolares de Ventín, Barouta, Agro do Muíño, A Maia, IES do Milladoiro e IES de Bertamiráns, beneficiáronse do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar. Neste programa tamén participaron as familias de dito alumnado e 44 docentes dos citados centros de ensino. Impartíronse 190 horas de sesións co alumnado, divididas nunha media de cinco sesións por aula. Para iso adaptáronse os contidos a cada nivel de idade e maduración.
Tamén se tiveron en conta as circunstancias particulares de cada grupo e traballouse desde o modelo de habilidades para a vida (autoestima, presión de grupo, habilidades sociais e as adiccións con e sen substancia). Asemade, realizáronse 76 horas de sesións cos profesores/as (38 titores/as e 6 persoas de equipos directivos e de orientación) e 22 horas de traballo con familias. O traballo co profesorado e as familias foi tamén moi importante en base a uns obxectivos específicos, que consistiron en dotalos de ferramentas educativas que favorezan o desenvolvemento saudable dos menores e melloren as relacións familiares; así como facilitar a participación activa dos profesionais do ámbito escolar como axentes preventivos, formándoos e capacitándoos para elo.
Incorporouse tamén o enfoque de xénero e contidos relacionados con outras condutas de risco como o abuso ou uso indebido das novas tecnoloxías. Así, impartíronse un total de 288 horas de traballo presencial cos grupos de alumnos/ as, familias e docentes. Recolléronse e analizáronse 2.394 cuestionarios anónimos de autoestima, hábitos de vida, sociogramas e avaliación dos ciclos, que se traduciron en 38 informes diferentes para os titores, un informe por grupo clase, onde se reflectiron aspectos a ter en conta a nivel particular para cada clase e nivel.
Metodoloxía de traballo do programa
O plantexamento do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar foi totalmente participativo. A través de diferentes dinámicas, o alumnado foi quen de ir aportando e desenvolvendo a información e recursos do ciclo. A través de técnicas de traballo grupal como dramatizacións, enquisas, análise da publicidade ou debates, os alumnos e alumnas foron participando colectivamente na construción dos contidos. Tamén se fixeron actividades individuais e actividades na casa para poder compartilas cos pais/nais/titores e que puideran axudar a achegar o tema dende o centro a casa e viceversa.
En 6º de primaria e 2º da ESO abordáronse os primeiros consumos de alcol e tabaco, mentres que en 4º da ESO e bacharelato traballouse co alcol, tabaco, cánnabis e outras sustancias. Unha vez rematada a intervención elaborouse unha avaliación do programa, con recomendacións particulares dos aspectos que puidesen ter relevancia para ter en conta.
Os resultados indican a porcentaxe de alumnado de 2º e 4º da ESO que probaron o alcol, tabaco e o cannabis. Tamén recollen datos sobre as apostas electrónicas, a media de horas adicada os videoxogos, non aptos para a súa idade, e sobre se mantiveron relacións sexuais (con ou sen uso de preservativo). En canto ao alumnado de bacharelato, os resultados recollen hábitos de tempo libre, horarios de volta a casa cando saen de festa, tempos de uso de videoxogos, práctica de deporte semanal e horas de lectura semanal. Tamén abordan condutas de risco como o consumo de tabaco, alcol cánnabis e/ou outras substancias. Por último, preguntóuselle sobre se xogaron as máquinas comecartos e se fixeron apostas a través da Internet.
A concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Luísa Feijóo, indica “considero que a prevención é fundamental en idades temperás, e tendo en conta non só as adiccións con sustancias, senón tamén as sen sustancias, como as novas tecnoloxías , o xogo e as apostas, entre outras”. Asemade, destaca “a ampliación deste programa durante o curso 2017-2018 para incluír ao alumnado de primeiro de bacharelato”.





