Este xoves, 28 de agosto, desenvolverase a terceira e última actividade do programa de andainas “Camiñando no solpor 2025”, enmarcada dentro das propostas de activades deportivas de terapéuticas de verán organizadas pola Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde. Esta última camiñada desenvolverase en Bertamiráns, ás 20.00 horas, e terá unha duración aproximada de dúas horas. O punto de encontro é diante do centro de saúde da localidade e farase unha ruta por Cantalarrana, Sisalde e Agro do Muíño. A actividade é gratuíta e non é preciso de inscrición previa.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, está organizando durante o mes de agosto o programa de andainas “Camiñando no solpor”. Tratase dunha serie de tres andainas que se realizan durante tres xoves do mes de agosto en Bertamiráns e no Milladoiro. Todas as camiñadas comezan ás 20.00 horas e teñen unha duración aproximada de dúas horas.
A última desta serie de andainas terá lugar mañá, día 28 de agosto, polas ribeiras do Sar (Cantalarrana, Sisalde e Agro do Muíño). A primeira desta serie de andainas desenvolveuse o pasado día 14 pola ruta do rego dos Pasos. Saíuse dende o centro de saúde de Bertamiráns e participaron arredor de 20 persoas. A segunda camiñada tivo lugar o xoves 21 dende o centro de saúde do Milladoiro. Neste caso realizouse unha andaina por Ventín, na que 25 persoas achegáronse ata a Carballeira dos Trasgos e volveron cara O Milladoiro.
A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, subliña que “ verán é unha época especialmente boa para facer deporte e coa actividade Camiñando no solpor dámoslle continuidade as andainas saudables que propoñemos ao longo do resto do ano e que tamén ten como punto de encontro os centros de saúde”.
Actividades deportivas e terapéuticas de verán
“Camiñando no solpor” é unha das propostas de actividades deportivas e terapéuticas de verán que organiza a Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde para este verán. Ao longo dos meses de xullo e agosto, impartíronse diferentes actividades, todas gratuítas e sen necesidade de inscrición previa: ioga, ioga terapéutico, taichi-chikung e aquagym.
Polas mañás do mes de xullo impartíronse as actividades de taichi-chikung, do 2 ao 14 de xullo; o ioga terapéutico, que se desenvolveu entre o 17 e o 31 de xullo; e a actividade de ioga realizouse durante os mércores e venres do mes de xullo na piscina descuberta de Bertamiráns, e no Milladoiro os martes e xoves nos xardíns na piscina descuberta da localidade. Por outro lado, nas tardes do mes de xullo impartíronse as sesións de aquagym.
Novas relacionadas:
Xornal de Compostela: "Ames pecha agosto con música, deporte e propostas culturais en distintas parroquias"





