Pestanas principais

Remata o programa “Activa Ames, Verán”, que contou con sesións de ioga terapéutico, taichi, chikung e marcha nórdica

Xoves, 01 de setembro de 2022

Este mércores 31 de agosto remataron as actividades do programa “Activa Ames, Verán”, unha serie de sesións guiadas de ioga terapéutico, taichi tradicional, chikung e marcha nórdica organizadas ao longo de xullo e agosto polo Ames Saudable da Concellaría de Promoción da Saúde. Unha media de 16 persoas participaron nas diferentes propostas, de balde e sen inscrición previa, e que se desenvolveron os luns e mércores no Milladoiro, no entorno da piscina municipal, e os martes e xoves en Bertamiráns, nos xardíns do Pazo da Peregrina.

O ioga terapéutico pechou unha serie de dous meses de actividades co programa “Activa Ames, Verán”, co que a Concellaría de Promoción da Saúde adoptou ao verán as súas propostas para o coidado de saúde física e emocional. As sesións de ioga terapéutico, taichi tradicional, chikung e marcha nórdica desenvolvéronse polas mañás e de xeito bisemanal tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, cunha asistencia media de entre 15 e 16 persoas.

Desta forma, realizáronse por quincenas as actividades xa enumeradas. As sesións de ioga terapéutico abriron e pecharon o programa, do 4 ao 14 de xullo e do 16 ao 31 de agosto; as de taichi tradicional e chikung tiveron lugar do 18 ao 28 de xullo, mentres que as de marcha nórdica foron do 1 ao 11 de agosto.  No Milladoiro, o programa “Activa Ames, Verán” ocupou as mañás dos luns e os mércores, no entorno da piscina municipal, mentres que en Bertamiráns as sesións foron os martes e os xoves, nos xardíns do Pazo da Peregrina.

A concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luisa Feijóo, quixo destacar “a excelente acollida” que tiveron as actividades en ambos núcleos urbanos. “Estamos encantadas coa boa resposta da veciñanza, é unha marabilla tanto para os monitores como para nós na Concellaría. Son actividades saudables, sempre orientadas a traballar corpo e mente, e a verdade é que tiveron unha acollida excelente. Mesmo tivemos varias persoas que viñeron dunha vila á outra para poder gozar máis días das actividades”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cuatro mil maianos utilizaron las piscinas y decenas probaron el yoga, taichí o chikung"

Enfoques: "El yoga, el taichi, el chikung y la marcha nórdica, protagonistas del verano en Ames"

Sesións de ioga no "Activa Ames, Verán"

Multimedia

  • Sesións de ioga no "Activa Ames, Verán"
  • Sesións de ioga no "Activa Ames, Verán"
  • Sesións de chikung no "Activa Ames, Verán"
  • Sesións de chikung no "Activa Ames, Verán"
  • Sesións de marcha nórdica no "Activa Ames, Verán"
  • Sesións de marcha nórdica no "Activa Ames, Verán"