[18-11-2013] Este luns pola mañá rematou o obradoiro de lingua e cultura galega, En galego, co teu acento. Nesta actividade participaron 20 persoas de sete nacionalidades diferentes (Brasil, Venezuela, Paraguai, Chile, Arxentina, Cuba e Ucraína). Tamén participaron veciños/as amienses procedentes de Madrid, León e Navarra. A concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, foi a encargada de entregarlles os diplomas a todas aquelas persoas que completaron o 90% das horas impartidas. As clases deste obradoiro impartíronse no Pazo da Peregrina entre o 14 de outubro e o 18 de novembro (de luns a xoves), en horario de 9:30 a 11:00 horas. Para celebrar o final do curso realizouse unha festa gastronómica, na que todos os participantes levaron produtos típicos do seu país de procedencia.
A lingua é un dos elementos básicos para a correcta integración na vida cotiá dunha sociedade e para desenvolverse con normalidade no día a día. Por esta razón, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organizou o obradoiro de lingua e cultura galega, En galego, co teu acento. Este obradoiro estivo dirixido fundamentalmente á poboación procedente de fóra de Galicia. A través desta actividade pretendeuse que os participantes adquirisen nocións básicas de lingua e cultura galega, para fomentar a súa integración na sociedade amiense, e ao mesmo tempo lles sirvan de formación previa á obtención dos certificados oficiais de lingua galega (CELGAS).
Neste curso participaron un total de 20 persoas de sete nacionalidades diferentes (Brasil, Venezuela, Paraguai, Chile, Arxentina, Cuba e Ucraína). Tamén participaron veciños/as amienses procedentes de Madrid, León e Navarra. O obradoiro tivo unha duración total de 30 horas repartidas en 20 sesións de 90 minutos. As sesións deste obradoiro impartíronse no Pazo da Peregrina dende o 14 de outubro ata o 18 de novembro (de luns a xoves), en horario de 9:30 a 11:00 horas. Ao final do acto de entrega de diplomas celebrouse unha degustación gastronómica. Os participantes no obradoiro levaron produtos típicos do seu país de procedencia para facer unha pequena festa.
A concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, foi a encargada de entregarlles os diplomas a todas aquelas persoas que completaron o 90% das horas impartidas. María Eugenia Martín destacou “a implicación dos participantes e o interese que mostraron na aprendizaxe da nosa lingua e cultura. Todas as persoas que participaron neste obradoiro traballaron intensamente nestas 20 sesións do curso e realizaron todas as tarefas que se lles encomendaron”. A concelleira de Cultura tamén indicou que “os participantes seguirán practicando as nocións aprendidas para mellorar e somerxerse máis intensamente na nosa lingua e cultura”.
Esta actividade está divida en dúas partes. Primeiro impartiuse o obradoiro para a veciñanza de Bertamiráns e a partir deste luns, 18 de novembro, comezará o curso no Milladoiro. Nesta localidade, as clases impartiranse na Casa da Cultura entre o 18 de novembro e o 19 de decembro (de luns a xoves), en horario de 13:30 a 15:00 horas. Nesta segunda quenda do obradoiro de lingua e cultura galega participarán outras 20 persoas. En total serán 40 veciños/as os que se beneficien deste curso posto en marcha pola Concellaría de Cultura e impartido pola técnica municipal do Servizo de Normalización Lingüística.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ames extiende el gallego desde Chile hasta Ucrania con clases"
El Correo Gallego: "Remata o obradoiro de lingua e cultura galega de Bertamiráns"




