Pestanas principais

Remata o episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

Xoves, 27 de outubro de 2011

[27-10-2011] Dende o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia comunican que se dan por rematados os fenómenos meteorolóxicos adversos emitidos o día 25/10/2011 para Galicia, quedando nos seguintes niveis de alerta. As precipitación quedan en nivel verde mentres o vento en nivel amarelo para o Oeste e Suroeste da Coruña, con refachos de 80 km/h. Recórdase que continúa o nivel NARANXA da alerta de costeiro, que afecta ao litoral das provincias de A Coruña e Pontevedra, con tendencia a amarelo nas últimas horas da tarde. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso que emitiu o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.