Pestanas principais

Remata o curso de habilidades sociais e comunicación comercial enmarcado no programa InserAmes IV

Xoves, 04 de agosto de 2011

[04-08-2011] Esta a piques de rematar a cuarta edición do programa de inserción laboral, InserAmes IV, a espera de completar todos os módulos de formación incluídos dentro deste programa. Un dos cursos que se impartiron recentemente foi o de habilidades sociais e comunicación comercial que acaba de rematar. Este módulo formativo comezou con 12 participantes e tivo unha carga lectiva de 40 horas. O curso estivo dividido en dúas partes, unha tratou a comunicación comercial e outra a interpersoal. Os contidos impartíronse en nove xornadas do mes de xullo, en horario de 16:00 h. a 20:30 horas. Este ano mantívose o mesmo número de participantes respecto á edición anterior e un total de 100 persoas, pertencentes a colectivos desfavorecidos con especial dificultade na busca de emprego, están beneficiándose deste programa de inserción laboral. Ata o de agora 49 participantes tiveron algún tipo de contrato laboral mediante contratos indefinidos, a tempo parcial e iniciativas de emprego autónomo.

A mediados do mes de novembro de 2010 o Concello de Ames puxo en marcha o plan de inserción laboral, InserAmes IV, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar. Este ano mantívose o mesmo número de participantes da edición anterior e un total de 100 persoas, pertencentes a colectivos desfavorecidos con especial dificultade na busca de emprego, están beneficiándose deste programa de inserción laboral, que busca a integración no mercado laboral daquelas persoas que se atopan sen emprego. Ata o de agora, 49 persoas xa conseguiron algún tipo de inserción laboral a través de contratos indefinidos ou de duración determinada. A diferenza doutras edicións este ano hai máis iniciativas emprendedoras.

Ames é un dos poucos concellos da provincia que segue ofrecendo este programa, que está cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar a través das axudas para os programas integrados para o emprego. A través do InserAmes lógrase mellorar a empregabilidade dos participantes e aumentar as súas opcións de acceder a un posto de traballo. O obxectivo deste programa é a inserción laboral de polo menos o 35% dos participantes naqueles eidos de maior índice de paro da nosa comarca.

O InserAmes IV rematará a finais do mes de agosto. Na actualidade, o programa atópase na terceira fase correspondente a realización de prácticas en diferentes empresas ou institucións. Ademais, continuase realizando un seguimento e titorización de todos os usuarios que aínda non atoparon traballo. Agora que a formación case finalizou o programa ofrece itinerarios de inserción personalizados; orientación laboral na busca activa de emprego e prácticas laborais. Recentemente, o 29 de xullo, rematou o curso de habilidades sociais e comunicación comercial.

Esta acción formativa desenvolveuse durante nove xornadas do mes de xullo, das 16:00 h ás 20:30 h. O curso estivo dividido en dúas partes e tivo unha carga lectiva de 40 horas. No módulo 1 (a comunicación comercial) tratáronse os elementos de comunicacións comercial aplicada, habilidades sociais e protocolo comercial e as técnicas e procesos de negociación. No módulo 2, abordouse a comunicación oral, a expresión escrita na venda, a comunicación non verbal e a asertividade.

Desenvolvemento do InserAmes IV

Durante o mes de novembro levouse a cabo a primeira fase do programa na que se impartiu a formación transversal e específica, xunto coas sesións de titoría correspondente aos itinerarios personalizados. Posteriormente dende o mes de decembro retomáronse de as actividades formativas, pero de xeito máis específico.

Na fase formativa transversal impartíronse catro cursos (habilidades sociais, busca activa de emprego, alfabetización informática e creación de empresas). Ademais, realizouse unha segunda fase de formación específica na que se impartiron tres cursos (dietética e nutrición, hiperactividade e coidado de persoas con algún tipo de discapacidade). Para impartir a formación específica tívose en conta o perfil de cada participante e os sectores e ocupacións con mellores perspectivas do mercado. A formación transversal e especializada impartiuse nas aulas do edificio de Servizos Múltiples de Aldea Nova.

As accións formativas intercálanse coas sesións de titoría correspondente aos itinerarios personalizados e coas prácticas laborais en diferentes empresas. A formación propia e o acceso aos recursos existentes no territorio está centrada en varios xacementos de emprego como son o sector da construción e restauración de vivendas; os traballos forestais e relacionado cos medio natural; os servizos de atención personalizada de carácter social, así como os sectores e servizos de ocio e culturais, tales como a promoción do turismo, o desenvolvemento cultural local, a promoción do deporte ou o sector audiovisual.

Ames continúa desenvolvendo este programa xa que está avalado polos bos resultados que se obtiveron. Nas tres edicións anteriores conseguíronse 66 insercións laborais de, polo menos, 6 meses de duración. Na primeira edición houbo 14 insercións de 20 participantes, na segunda 18 persoas atoparon traballo de 30 participantes e na terceira houbo 34 insercións de 100 participantes. Nas tres anteriores edicións deste programa houbo 150 usuarios, dos cales 66 atoparon traballo. Isto danos un 44% de insercións laborais (22 insercións cada ano sen contabilizar as insercións conseguidas na actual edición que aínda non rematou). O incremento de insercións foi aumentando progresivamente ao tempo que foron aumentando as prazas ofertadas neste plan formativo.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El 44 % del alumnado del plan laboral InserAmes encontró un empleo"
El Correo Gallego: "Recta final para la actual edición de InserAmes"