[15-06-2011] O local social da Ameixenda acolleu durante os últimos tres meses un curso de iniciación á informática. O obxectivo desta iniciativa foi promover a alfabetización dixital para todas as capas da poboación de Ames. O curso ofreceu nocións básicas de word, access, excel e power point para os usuarios/as. Ademais tamén coñeceron como funciona o sistema operativo Windows. Nesta parroquia organizáronse dous grupos que estiveron formados por 12 persoas cada un. Estes cursos tamén se desenvolveron nas parroquias de Agrón e Bugallido, polo que en total foron 48 os amienses que se beneficiaron desta iniciativa.
Na actualidade, a informática é unha ferramenta imprescindible na vida cotiá e laboral de calquera persoa. Por iso, a través do programa de dinamización dixital impartiuse un obradoiro de iniciación á informática na parroquia da Ameixenda. Así, dende o Concello de Ames o que se pretendeu foi concienciar á cidadanía amiense da importancia da alfabetización dixital.
O obxectivo deste curso foi dotar aos usuarios dunha serie de coñecementos básicos sobre aplicacións de emprego habitual como son word, acces, excel e power point. As persoas asistentes, que non tiveron contacto previamente con estas útiles ferramentas para o día a día, puideron aprender a desenvolverse no emprego das mesmas con eficiencia básica, de feito que a partir de agora poidan manexalas con todas as posibilidades que iso lles ofrece. Ademais, tamén se impartiron nocións para iniciar aos usuarios/as no sistema operativo Windows.
Na Ameixenda organizáronse dous grupos que estiveron formados por 12 persoas cada un. Estes cursos tamén se desenvolveron nas parroquias de Agrón e Bugallido, polo que en total foron 48 os amienses que se beneficiaron desta iniciativa. Estes cursos de informática estiveron destinados a persoas de 18 anos en adiante empadroadas no Concello de Ames.
Os cursos da Ameixenda desenvolvéronse, un o mércores de 20:00 h. a 22:00 horas, e outro o xoves no mesmo horario. Estas accións formativas tiveron lugar durante os últimos tres meses. A duración total dos mesmos foi de 40 horas. Estes obradoiros realízanse coa intención de que a alfabetización dixital chegue a todas as capas da poboación amiense. Deste xeito, dáselle continuidade ao programa de dinamización dixital nas aldeas. Nas edicións anteriores estes obradoiros xa se organizaron nas localidades de Piñeiro, Augapesada e Covas.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ameixenda se sube al carro de la informática"