Pestanas principais

Remata o curso básico de lingua de signos que contou con 30 participantes

Sábado, 20 de maio de 2017

[20-05-2017] A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), puxo en marcha no mes de xaneiro un curso básico de lingua de signos, que se desenvolveu os luns na Casa da Cultura de Bertamiráns e os martes na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade contou con 30 participantes, divididos en dous grupos de 15 persoas. Foi un curso básico de 30 horas de formación, que estivo dirixido aos mozos e mozas entre os 16 anos e os 30 anos, e que se desenvolveu ata finais do mes de abril.


O curso básico de lingua de signos é unha das novidades incluídas dentro da programación da Concellaría de Mocidade para este ano 2017. Esta actividade tivo unha gran demanda entre a veciñanza amesá. O curso contou con 30 participantes, divididos en dous grupos de 15 persoas. Ademais, quedou unha ampla lista de agarda o que demostra que esta actividade espertou moito interese entre a cidadanía.

Este curso, que comezou en xaneiro e rematou a finais do mes de abril, constou de 30 horas de formación. O curso desenvolveuse os luns na Casa da Cultura de Bertamiráns e os martes na Casa da Cultura do Milladoiro. O horario foi de 18:00 a 20:30 horas. Este curso estivo dirixido aos mozos e mozas de 16 aos 30 anos.

A concelleira de Mocidade, Silvia Dapena, móstrase moi satisfeita polo balance desta actividade. “Este curso desenvolveuse por primeira vez en Ames coa intención de que os participantes coñecesen e aprenderan na súa fase inicial unha linguaxe coa que romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción social e comunicativa coas oíntes”, indicou Silvia Dapena.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames ensinou a linguaxe de signos a unha trintena de veciños dende xaneiro"