[21-07-2014] O venres pasado, 18 de xullo, rematou unha nova edición do campamento urbano do Concello de Ames, que se desenvolveu nas instalacións da Aula da Natureza. Dende o 7 ata o 18 de xullo, un total de 20 nenos e nenas de 6 a 12 anos, participaron nunha visita a planta de FEIRACO e nunha andaina ambiental pola ruta do Tambre. Ademais, estas saídas combináronse con outras actividades como obradoiros de cociña, xogos tradicionais, obradoiros ambientais e actividades de horta. O campamento urbano rematou o venres pasado, 18 de xullo, cunha gran festa na que se lle entregaron os diplomas aos/as participantes e na que houbo un obradoiro de breakdance, unha merenda e diferentes xogos.
Obradoiros e xogos
Ademais, estas saídas combináronse con outras actividades como obradoiros de cociña, xogos tradicionais, obradoiros ambientais e actividades de horta. Durante o primeiro día de campamento os rapaces e rapazas participaron nun obradoiro de astronomía impartido polo persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela. Primeiro, impartiron unha charla sobre o sistema solar, e a continuación, realizaron unha representación dos planetas do sistema solar. Posteriormente, os nenos e nenas estiveron divididos en dous grupos para participar nun obradoiro. Deste xeito, os máis pequenos debuxaron o sistema solar, mentres que os maiores aprenderon a montar e desmontar un telescopio (coñeceron as partes dun telescopio: as lentes, os espellos, etc). Esta actividade enmarcouse dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos.
Os nenos e nenas tamén participaron en obradoiros ambientais nos cales elaboraron cestos e manteis con papel e tela reciclados; nun obradoiro de cociña no cal o grupo de 6 a 9 anos elaboraron crepes de salchichas e cenoria e croquetas de atún, mentres o grupo de 9 a 12 anos fixeron canapés de pataca e panceta, así como un pastel salgado. Ademais, fixeron colgadores con pinzas de roupa; participaron en xogos divididos en catro grupos; e participaron nun obradoiro no cal construíron un forno de barro (esta actividade rematarase no mes de setembro xa que debido á falta de tempo non se puido completar).
Por outra banda, participaron en diferentes actividades na horta da Aula da Natureza nas que fixeron un espanta-paxaros e prepararon a terra para plantar leituga, brócoli e coliflor. Asemade, limparon e acondicionaron unha área recreativa que está na parroquia da Ameixenda. O campamento urbano rematou o venres pasado, 18 de xullo, cunha gran festa na que se lle entregaron os diplomas aos/as participantes e na que houbo un obradoiro de breakdance, unha merenda e diferentes xogos.
Visita á fábrica de FEIRACO
Deste xeito, os rapaces e rapazas participaron en dúas excursións. Nunha delas realizaron unha andaina ambiental polas beiras do río Tambre. Os participantes saíron dende a área recreativa de Tapia, pasando polos lugares de Oca e Lens, e regresaron ao punto de partida, onde puideron darse un refrescante baño na praia fluvial de Tapia. Noutra saída os rapaces e rapazas visitaron a fábrica de FEIRACO, onde puideron coñecer o proceso do leite dende que chega nos camións cisternas ata que se elaboran os envases do leite.
Primeiro os nenos e nenas estiveron na zona de recepción do leite e viron como os camións cisternas, que recollen o leite en diferentes explotacións, chegan á fábrica. De seguido, pasaron á zona de pasteurización, onde se lles explicou aos rapaces e rapazas as diferentes clases de leite que se elabora (enteira, semi-desnatada e desnatada).Tamén se lles explicou que para conseguir o leite desnatado se empregan centrifugadoras que separan a graxa do leite. Despois, os rapaces e rapazas visitaron a planta de envasado onde viron como se elaboraron os brick de leite, lotes de le bricks e os palés. Os participantes estiveron acompañados en todo o momento da relacións públicas de FEIRACO. Por último, o presidente da empresa explicoulles como naceu a cooperativa e como vivían os gandeiros anos atrás.
Os nenos e nenas que participaron no campamento urbano de verán puxeron o punto e final a esta actividade municipal que se desenvolveu dende o 7 ata o 18 de xullo nas instalacións da Aula da Natureza, na Ameixenda. A través desta actividade tratouse de que os rapaces e rapazas pasasen unhas tardes entretidas durante a época estival. Os 20 nenos e nenas que se inscribiron neste campamento participaron en obradoiros, xogos e excursións.
En algunhas actividades dividíronse os rapaces en dous grupos (6-9 anos/9-12 anos) tendo en conta a súa idade, pero nas excursións e nos grandes xogos participaron todos xuntos, para que todos os participantes mantivesen o contacto e a relación durante estes 10 días que durou o campamento urbano. O programa deste campamento combinou varias actividades de exterior con outras de interior.