Pestanas principais

Remata este venres 18 o prazo para inscribirse no mini campus de baloncesto do CB A Mahía

Mércores, 16 de decembro de 2015

[16-12-2015] Este venres, 18 de decembro, remata o prazo de inscrición para participar no mini campus de baloncesto que organiza o Clube de Baloncesto A Mahía.

A actividade desenvolverase ao longo dos días martes 22 e mércores 23, e tamén martes 29 e mércores 29, en horario de 16:00 a 18:00 horas. O lugar do encontro será o Pavillón Municipal de Bertamiráns. Eses días rapaces e rapazas terán a oportunidade de practicar o baloncesto, participar en xogos, sorteos e moitas outras actividades.

O primeiro luns comenzará de cheo con baloncesto, de 16:00 a 17:00 e unha clase particpativa de brakedance. O mércores 23 Iria Moreiras implicará a todos os rapaces e rapazas nun obradoiro de manualidades amenizado con trucos de maxia, seguido doutra hora de baloncesto. O martes 29, tras unha hora de deporte, o DJ Webo, subcampión nacional de DMC por parellas, ofrecerá unha exhibición de DJ e porá a súa experiencia a disposición dos asistentes nun obradoiro práctico. O último día, mércores 30, unha exhibición de graffiti explicará aos rapaces e rapazas como se crea un mural paso a paso. Despois da derradeira hora de baloncesto, a partir das 17:45, todos poderán ver o mural rematado.

O prezo da asistencia é de 20 euros, agás para os socios do CB A Mahía, que poderán participar de forma gratuíta. Aqueles e aquelas que desexen participar poderano facer no teléfono 630938861.