Pestanas principais

Remata a campaña de tarxetas bono Ames Progresa a través da cal se alcanzaron os 125.000 euros de volume de negocio

Xoves, 05 de maio de 2022

O pasado 30 de abril rematou a campaña de tarxetas bono Ames Progresa, posta en marcha por segundo ano consecutivo pola Concellaría de Promoción Económica, para dinamizar e fomentar as compras no comercio e mailo consumo na hostalaría local. Nesta segunda edición da campaña, que se desenvolveu do 1 de marzo ao 30 de abril, realizáronse 5.857 operacións por valor de 125.159,37 euros. Isto representa un 98% sobre a contía total posta en circulación que ascendía a 127.600 euros. En total realizáronse operacións en 212 establecementos cunha media de gasto de 590,37 euros por establecemento. Quedou sen gastar tan só o 2% do saldo total.

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, puxo en marcha unha campaña de tarxetas bono para gastar no comercio local de Ames. En dita campaña participaron 219 establecementos que tiñan unha pegatina no escaparate para que a veciñanza os puidera identificar. A través desta campaña tratouse de dinamizar e fomentar entre a veciñanza as compras nos comercios e o consumo na hostalaría local.

Puideron adherirse á campaña todos os comercios e locais de hostalería e restauración do termo municipal de Ames, excepto os espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas), as estacións de servizo de combustible e as salas de xogo/apostas. Quedaron tamén excluídos as farmacias e demais establecementos sanitarios, así como os estancos. A modo aclaratorio foron incluídos dentro da campaña as ópticas, as clínicas veterinarias, os psicotécnicos, as clínicas dentais, os establecementos ortopédicos e as parafarmacias.

Dita campaña desenvolveuse dende o 1 de marzo ata o 30 de abril. Durante dito período realizáronse 5.857 operacións por valor de 125.159,37 euros. Isto representa un 98% sobre a contía total posta en circulación que ascendía a 127.600 euros. En total realizáronse operacións en 212 establecementos cunha media de gasto de 590,37 euros por establecemento. Quedou sen gastar tan só o 2% do saldo total.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mostrouse moi satisfeita “polo bo funcionamento desta campaña, a través da cal se superaron os 125.000 euros en vendas. Isto quere dicir que o 98% do saldo das tarxetas foi consumido, quedando tan só por empregar o 2% restante. O máis importante é que esta campaña serviu para axudar a fomentar as compras no comercio e a consumir na hostalaría local”. Ademais, Ana Belén Paz agradeceu ás asociacións “a súa colaboración un ano máis na recarga e venda das tarxetas bono”.

1.611 tarxetas bono en circulación
O Concello de Ames destinou 75.000 euros a estas tarxetas, ás que aportou o 40% do seu valor. Os 5.000 euros restantes serviron para cubrir gastos de xestión das tarxetas, así como para a contratación de dúas persoas que axudaron na emisión e recarga dos bonos.

Nesta campaña esgotáronse as 500 tarxetas bono de 50 euros postas a disposición da veciñanza. Ademais recargáronse 1.111 tarxetas adquiridas nas campañas de 2021. Recargáronse 940 tarxetas de 100 euros e 171 tarxetas de 50 euros. Deste xeito, nesta campaña estiveron en circulación un total de 1.611 tarxetas (940 de 100 euros e 671 de 50 euros) o que supón un volume de negocio total de 127.600 euros.

Do valor total da tarxeta de 50 euros, a persoa beneficiaria aportou 30 euros e o Concello de Ames 20 euros, mentres que na de 100 euros, as beneficiarias achegaron 60 e o Concello, 40 euros. É a parte aportada polas beneficiarias a que se gastou primeiro nas compras nos comercios e empresas amesás. Por esta razón, non se devolverá o importe dos bonos unha vez rematada a campaña.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La segunda campaña Ames Progresa generó 125.000 euros de volumen de negocio"

El Correo Gallego: "Gastaron o 98 % dos cartos das tarxetas bono Progresa"

Enfoques: "Termina la campaña de bonos ‘Ames Progresa’ con 125.000 euros de volumen de negocio"

AMSGO!: "As tarxetas bono Ames Progresa alcanzaron os 125.000 euros de volume de negocio"

Imaxe da pegatina da campaña de tarxetas bono Ames Progresa

Multimedia

  • Imaxe da campaña de tarxetas bono Ames Progresa
  • Cartel da campaña de tarxetas bono Ames Progresa