Pestanas principais

Relación de bens e dereitos afectados polo procedemento de expropiación urxente da obra Abastecemento Ames e Brión (1º Fase)

Venres, 30 de agosto de 2013

[30-08-2013] En sesión plenaria de 29 de agosto de 2013 foi aprobada inicialmente a relación de bens e dereitos afectados polo procedemento de expropiación urxente da obra "Abastecemento en Ames e Brión (1ª fase), cuxa ocupación se considera necesaria aos efectos da expropiacion forzosa polo trámite deurxencia. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a listaxe.

En cumprimento do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, sobre expropiacion forzosa, faise pública a dita relación a fin de que, dentro do prazo dos quince días seguintes ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no xornal EI Correo Gallego, quen se estimen interesados no procedemento poidan presentar cantos datos puideran permitir a rectificación de erros padecidos na relación aprobada inicialmente que se fai pública e presentar, no seu caso, as alegacións que estimen oportunas e que permitan a rectificación dos posibles erros na referida relación, no referente unicamente a descrición material e legal dos bens e dereitos afectados.