Pestanas principais

Recordatorio das obrigas dos propietarios de terreos forestais contemplados na lei de prevención de incendios

Venres, 29 de abril de 2011

[29-04-2011] Os propietarios e propietarias de parcelas incluídas nas faixas de especial protección, nos núcleos poboacionais, deberán cumprir coa obriga de realizar a xestión do combustible vexetal. Como en anos anteriores, o Concello de Ames lémbralle a todos os veciños e veciñas que dispoñan dunha parcela, que estea situada nunha faixa de especial protección, que deberán realizar os devanditos traballos de tala e roza.