[14-02-2012] O Concello de Ames informa de que a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia publicou no DOG do martes 17 de abril de 2007, a Lei 3/2007 de “prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia”. Esta lei establece nos seu artigos 21, 22 e 23 as obrigas dos propietarios das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos que deberán cumprir coas obrigas de xestión do combustible vexetal (tala e roza) nas fincas que se atopen a unha distancia inferior a 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámping, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais e, nos 50 metros desde a extrema da propiedade, non poderá haber nin piñeiros, eucaliptos nin acacias; de acordo cos criterios de xestión da biomasa establecidos na súa disposición transitoria terceira. No caso de incumprimento das obrigas sinaladas anteriormente, segundo o artigo 22 da Lei 3/2007, de procedemento para a xestión da biomasa no ámbito das redes secundarias, o Concello de Ames poderá proceder á execución forzosa dos traballos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre o recordatorio das obrigas dos propietarios de terreos forestais contemplados na lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia.




