Pestanas principais

Recomendacións no acceso aos cemiterios en Defuntos e Todos os Santos

Venres, 30 de outubro de 2020

Tendo en conta que se aproximan as datas do Día de Defuntos e Todos os Santos, ademais das recomendacións de prevención da Covid-19, tamén se recomenda que se teña especial atención aos vehículos estacionados nas inmediacións dos cemiterios, para dese xeito previr os roubos que se adoitan producir nas inmediacións destes lugares nestes días. Ademais, lembráselle á veciñanza que para acudir aos cemiterios é obrigatorio usar máscara, gardar a distancia de seguridade e non tocar os elementos comúns do cemiterio.  

O Concello de Ames, a través dun bando municipal emitido o pasado 27 de outubro, informa das recomendacións no acceso aos cemiterios en Defuntos e Todos os Santos. En dito bando especifícase que se adoptan ditas medidas diante da situación provocada pola evolución da pandemia da Covid-19, logo de ver como as administracións de ámbito superior van adoptando diferentes restricións, aplicables tamén ao concello de Ames, e sendo coñecedores da importancia da festividade do Día de Defuntos e do Día de Todos os Santos (1 novembro e 2 de novembro).

A emisión do bando municipal basease ademais no feito de que estes días adoitan congregarse no cemiterio moitas persoas, moitas vulnerables, durante un curto período de tempo, e da frecuencia dos desprazamentos entre localidades e o consecuente encontro de familiares. E por estes motivos que o Goberno municipal, tendo como prioridade a saúde e seguridade da veciñanza, adopta e difunde a través dun bando as recomendación e as normas a seguir.

Prevención de roubos nos vehículos
Ademais, tendo en conta que se aproximan as datas do Día de Defuntos e Todos os Santos, ademais das recomendacións de prevención da Covid.-19, tamén se recomenda que se teña especial atención aos vehículos estacionados nas inmediacións dos cemiterios, para dese xeito previr os roubos que se adoitan producir nas inmediacións destes lugares nestes días.

Deste xeito, recoméndase que a visita aos cemiterios sexa antes do 31 de outubro;  evitar o contacto físico; manterán a distancia de seguridade interpersoal de, polo menos 1,5 metros; o uso obrigatorio de uso de máscara; evitar tocar os elementos comúns; a limitación de agrupacións de máximo 5 persoas.

O bando lembra tamén a obriga de seguir a normativa vixente en Galicia en canto ao emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica. Asemade lémbrase que non se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre cando non se poda respectar unha distancia mínima interpersoal de, polo menos 2 metros, o que inclúe tamén aos cemiterios. Haberá de respectarse un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados.

La Voz de Galicia: "Ames recomienda visitar el cementerio antes del sábado para evitar aglomeraciones"

Cartel cemiterio.