Sábado, 16 de xuño de 2012
[16-06-2012] A nutricionista do Concello de Ames ofrece un pormenorizado asesoramento nutricional a toda a cidadanía amiense. Así, cada semana elabora un menú saudable para que todos os e as amienses poidan coidar os seus hábitos alimenticios. Esta semana ofrece un menú saudable para reducir o ácido úrico. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter este menú.




