Venres, 11 de febreiro de 2011
[11-02-2011] A nutricionista do Concello de Ames ofrece un pormenorizado asesoramento nutricional a toda a cidadanía amiense. Así, cada semana elabora un menú saudable para que todos os e as amienses poidan coidar os seus hábitos alimenticios. Esta semana ofrece un menú saudable de protección biliar, que conten de primeiro prato, salpicón de polo, de segundo pescada o azafrán, e de sobremesa maza asada. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar este menú.




