Pestanas principais

Receitas saudables elaboradas pola nutricionista

Venres, 06 de maio de 2011

[06-05-2011] A nutricionista do Concello de Ames ofrece un pormenorizado asesoramento nutricional a toda a cidadanía amiense. Así, cada semana elabora un menú saudable para que todos os e as amienses poidan coidar os seus hábitos alimenticios. Esta semana ofrece un menú saudable para as persoas que sofren de insuficiencia cardíaca, que conten de primeiro prato, sopa de arroz con verduras, de segundo linguado ao forno, e de sobremesa pera. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar este menú.