Venres, 29 de abril de 2011
[29-04-2011] A nutricionista do Concello de Ames ofrece un pormenorizado asesoramento nutricional a toda a cidadanía amiense. Así, cada semana elabora un menú saudable para que todos os e as amienses poidan coidar os seus hábitos alimenticios. Esta semana ofrece un menú saudable rico en calcio, que conten de primeiro prato, crema de mexillóns, de segundo polo con améndoas, e de sobremesa requeixo con mel. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar este menú.




