Pestanas principais

Recádanse máis de 2.000 euros a través da III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames

Sábado, 28 de xuño de 2025

Por terceiro ano consecutivo o Concello de Ames colaborou na organización da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que volveu a realizarse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O evento estivo organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos. Nesta terceira edición participaron arredor de 150 persoas e recadáronse máis de 2.000 euros para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento e mellora da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. Pódese acceder á galería do evento na seguinte ligazón

Baixo o lema “Axúdanos a debuxar o seu sorriso” o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, volveu acoller este venres, 27 de xuño, durante a tarde-noite, unha nova edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames. 

No evento solidario participaron o alcalde de Ames, Blas García; o xefe e coordinador do Servizo de Pediatría do CHUS e máximo responsable da Obra Social Pediatría, Federico Martinón Torres; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; a concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ames, Uxía García; o presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Ramón Cordido; e concelleiros e concelleiras do goberno municipal, así como dos grupos políticos municipais do Partido Popular, do BNG e de Espazo Común.

Esta iniciativa naceu por primeira vez no 2023. O evento foi organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos. O alcalde, Blas García, explicou que “Ames é un concello solidario que terá sempre as portas abertas a este tipo de iniciativas”.

Nesta cea, que contou con 150 persoas aproximadamente, recadáronse máis de 2.000 euros para contribuír, por unha parte, á investigación sanitaria e ao incremento e mellora da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O principal obxectivo é recadar fondos para axudar ás familias con pacientes pediátricos no CHUS e, ademais, apoiar e contribuír á investigación no eido sanitario.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Novo espaldarazo solidario desde Ames para a Obra Social Pediatría do CHUS"

Diario de Santiago: "Recádanse máis de 2.000 euros a través da III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames"

Recádanse máis de 2.000 euros a través da III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames

Multimedia

  • Recádanse máis de 2.000 euros a través da III Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames