Pestanas principais

Realizouse o sorteo para elixir os membros das mesas electorais para as elección xerais do próximo 20 de decembro

Sábado, 21 de novembro de 2015

[21-11-2015] Este sábado pola mañá celebrouse un Pleno extraordinario na Casa do Concello para tratar un único punto. Nesta sesión plenaria procedeuse ao sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, eleccións que terán lugar o domingo, 20 de decembro. Un total de 22.929 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saíu elixida para formar parte dalgunha das mesas electorais.

Preto de 23.000 persoas están chamadas ás urnas en Ames nas vindeiras eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Este sábado pola mañá, ás 10:00 horas, celebrouse unha sesión plenaria que serviu para elixir ás persoas que ocuparán as 35 mesas electorais do Concello de Ames nas próximas eleccións xerais, que se celebrarán o día 20 de decembro.

Este proceso levouse a cabo de xeito aleatorio e para iso empregouse un sistema informático no que se meten todas as persoas censadas con dereito a voto que hai no municipio amesán e, de xeito automático, procédese ao sorteo para determinar os integrantes das mesas electorais.

Nestas eleccións haberá 35 mesas electorais, ao igual que sucedeu nas pasadas eleccións municipais celebradas o 24 de maio. A estas eleccións están chamados un total de 22.929 electores.

O Milladoiro será o núcleo que contará cun maior número de mesas electorais ao ser a localidade con máis con poboación con dereito a voto. Deste xeito, O Milladoiro conta con 9.048 electores e 12 mesas electorais, mentres que Bertamiráns dispón de 9 mesas electorais e 6.190 electores. O resto de electores, que son 7.691, están repartidos polas urbanizacións do municipio, así como pola zona rural, e disporán de 14 mesas electorais.

Durante as próximas datas, o persoal do Concello de Ames notificaralle a todas as persoas que saíron elixidas que mesa electoral teñen que ocupar. Cada mesa electoral está formada por 3 persoas (1 presidente e 2 vogais) e hai 2 suplentes por cada membro. Polo tanto, por cada mesa electoral realízanse 9 notificacións.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames mantén as súas trinta e cinco mesas electorais nas que poderán votar 23.000 veciños"