- Tematica
A Escola de Karate Dokkodo viviu unha fin de semana de moita actividade con presenza en tres escenarios diferentes. O sábado, 18 de outubro, varios membros da escola participaron en Teo no curso de kata de competición dirixido por unha lenda nacional, Pepe Carbonell e organizado pola Federación Galega de Karate. Este mesmo día Raúl Rodríguez competiu en Oviedo no XLVII Trofeo Internacional Princesa de Asturias, onde finalizou quinto clasificado nun torneo de alto nivel. O domingo 19 e outubro Raúl Rodríguez participou representando á Escola Dokkodo participou nas probas de preselección autonómica para o Campionato de España Cadete, júnior e sub21.
O sábado,18 de outubro, varios membros da escola participaron en Teo no curso de kata de competición dirixido por unha lenda nacional, Pepe Carbonell e organizado pola Federación Galega de Karate. Foi unha xornada de traballo intenso e moi práctica, centrada no perfeccionamento técnico e na preparación para as próximas citas do calendario.
Nesa mesma xornada do sábado 18, Raúl Rodríguez competiu en Oviedo no XLVII Trofeo Internacional Princesa de Asturias, onde realizou catro combates de gran nivel. Quedou ás portas das medallas tras perder o pase á final por un axustado 2-1 e tamén a loita polo bronce, finalizando quinto clasificado nun torneo de alto nivel.
A fin de semana pechouse o domingo, 19 de outubro, tamén en Teo, coas probas de preselección autonómica para o Campionato de España Cadete, júnior e sub21, nas que o propio Raúl Rodríguez participou representando á Escola Dokkodo.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "Raúl Rodríguez, da Escola de Karate Dokkodo, competiu en Oviedo no XLVII Trofeo Internacional Princesa de Asturias"







