Pestanas principais

As rapazas do CV Bruxas dan a sorpresa no derbi galego da primeira división nacional feminina e gañan por 1-3 ao CV Ourense

Martes, 11 de febreiro de 2020

O Club Voleibol Bruxas dá a sorpresa gañando con solvencia o derbi galego contra un gran equipo como é o Club Voleibol Ourense situado na cuarta posición da clasificación. Tres puntos que dan aire ao CV Bruxas para afastarse dos postos de descenso nesta a súa primeira tempada na categoría nacional. Bo xogo e gran entrega na pista das xogadoras do equipo de Ames que salvo o segundo set dominou o partido en todo momento dando mostras de seu bo xogo.

As rapazas do Club Voleibol Bruxas deron a sorpresa este pasado domingo, 9 de febreiro, no pavillón O Pompeo de Ourense no encontro que disputaron ante o Club Voleibol Ourense. O equipo amesán, que milita esta temporada por primeira vez no grupo A da primeira división nacional feminina, fixo un gran partido ante un dos mellores equipos da categoría como é o CV Ourense. As rapazas de Ames impuxéronse ao equipo ourensán por tres sets a un (24-26/27-25/22-25/11-25).

Deste xeito, o CV Bruxas suma tres puntos moi importantes para afastarse dos postos de descenso nesta a súa primeira tempada na categoría nacional. Bo xogo e gran entrega na pista das xogadoras do equipo de Ames que salvo o segundo set dominou o partido en todo momento dando mostras de seu bo xogo.

O equipo de Ames está na actualidade na décima posición da clasificación a cinco puntos do descenso. O obxectivo da temporada é non descender, algo que de conseguilo sería un grande éxito. No próximo partido, que se disputará este sábado, 15 de febreiro, ás 16.30 horas, no pavillón de Bertamiráns, o CV Bruxas enfrontarase ao Extremadura Apart. MM Badajoz.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Sorpresa del CV Bruxas en el derbi de Primera"

As rapazas do CV Bruxas dan a sorpresa no derbi galego da primeira división nacional feminina e gañan por 1-3 ao CV Ourense

Multimedia

  • As rapazas do CV Bruxas dan a sorpresa no derbi galego da primeira división nacional feminina e gañan por 1-3 ao CV Ourense