Pestanas principais

Queda prohibido o uso de foguetes en toda a Comunidade Autónoma

Venres, 01 de xullo de 2011

[01-07-2011] O Director Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, acaba de comunicarlle a todos os concellos de Galicia que as actuais condicións meteorolóxicas e as predicións a curto prazo, con vento do nordés e temperaturas elevadas, fan que o índice de risco de incendio (IRDI) sexa extremo en gran parte de Galicia, polo que ata que estas condicións muden queda prohibido o uso de foguetes en toda a Comunidade Autónoma.