Pestanas principais

Queda definido o reparto de concellerías do goberno de Ames

Venres, 17 de xuño de 2011

[17-06-2011] O novo goberno municipal de Ames, rexido por Santiago Amor, vén de facer o reparto de áreas e concellerías despois de perfilalo nos pasados días. O Partido Popular acadou once concelleiros en Ames nas pasadas eleccións municipais, celebradas o 22 de maio, polo que goberna con maioría absoluta. Despois do reparto das distintas áreas os/as concelleiros/as xa ocupan os seus despachos e comezaron a traballar nas súas áreas e a ter reunións cos técnicos/as e traballadores/as municipais.

Alfonso Rey López, será o encargado da concellería de Cultura, Educación e Patrimonio. Manuel Ferreiro Santiago é o concelleiro encargado de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado. Bernardo Moar Míguez recibe a concellería de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo. María González Gómez é a concelleira delegada de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude. Ramón García Argibay é o concelleiro delegado de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo. Alfredo Taboada Alvelo recibe a concellería de Vías, Obras, Parques e Xardíns.

María Carme Verde Leboráns é concelleira de Atención e Mediación Veciñal. Emilio Martínez Carballeira é concelleiro delegado de Acción Parroquial e Rural, María Dolores Fernández Álvarez recibe a concellería de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores e María Eugenia Martín Vicente é a concelleira delegada de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade. Pola súa parte, o alcalde, Santiago Amor, asume as competencias en materia de Economía e Facenda, Seguridade, Transporte e mobilidade. A maioría dos concelleiros ocupan xa os seus despachos e comezaron a traballar nas súas áreas e a ter reunións cos técnicos municipais.

Despois do reparto das distintas áreas os/as concelleiros/as xa ocupan xa os seus despachos e comezaron a traballar nas súas áreas e a ter reunións cos traballadores/as municipais.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ramón Argibay gestionará el urbanismo de Ames"
El Correo Gallego: "Amor se reserva la Seguridad y cede a Argibay Urbanismo"