Pestanas principais

The Puntillas Teatro presenta o espectáculo “Encontros” este venres no Milladoiro

Mércores, 26 de outubro de 2016

[26-10-2016] O grupo da Escola de Teatro de Santa Comba, The Puntillas, presenta a súa obra “Encontros” este venres na Casa da Cultura do Milladoiro. A representación comezará ás 21:00 horas. A entrada para esta obra será gratuíta e libre ata completar o aforo do auditorio municipal.

A compañía The Puntillas nace da Escola de Teatro de Santa Comba, e está dirixida por Xan Martínez. Este venres, 28 de outubro, ás 21:00 horas, estrean en Ames a peza teatral “Encontros”. Ao escenario do auditorio municipal do Milladoiro subirán Ismael Pacheco, Silvia Gil, María Carmen Vilacoba, Juna Carlos Lois, Vanesa Esculta, Laura García, Lety Durán e Roberto Pena.

“Encontros” trata, precisamente, dos cruzamentos que vivimos ao longo da nosa vida. A peza fala da casualidade que move ás persoas, tanto aquelas que teñen un impacto efémero no seu devagar como as que poden chegar a marcar profundamente. Os sentimentos, como a felicidade, e as relacións humanas son os protagonistas desta obra, na que eses encontros nos lugares máis inesperados son os que dan pulo á historia.

A entrada para esta obra non ten custe. Poderase acceder ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro ata completar o aforo dispoñible.