[09-07-2015] O goberno amesá vén de publicar na web municipal o inventario de bens e dereitos do Concello de Ames. Dende este momento, ábrese un período de exposición pública do inventario municipal, que foi elaborado pola empresa Tragsatec. Este prazo de información pública será de 15 días hábiles. Este documento, ademais de poder consultalo na web, tamén está publicado nos taboleiros municipais de edictos. Poden consultar o inventario todos/as os/as veciños/as e o resto de interesados/as, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, no departamento de Secretaría municipal.
A actualización do inventario municipal de bens e dereitos comezouse a abordar en marzo de 2010, momento no que se lle encargou á empresa Tragsatec a realización dos traballos de elaboración e actualización do inventario municipal do Concello de Ames. Tras dun largo período de traballo o devandito inventario foi entregado en soporte papel e dixital o pasado 16 de decembro de 2014.
Agora, ábrese un prazo de exposición pública de 15 días hábiles para que todos os/as veciños/as e demais interesados poidan examinar o documento e formular, no seu caso, as observacións que estimen oportunas. Este documento pódese consultar de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no departamento de Secretaría municipal.
As observacións que se presenten terán que ser examinadas polos servizos técnicos municipais antes da aprobación do inventario polo pleno, órgano ao que lle corresponde a aprobación do inventario municipal. O devandito inventario está publicado nos taboleiros municipais de edictos e na web municipal. Para acceder a esta información hai que premer nun banner que está na parte superior da páxina principal do sitio web www.concellodeames.org.
Bens e dereitos das parroquias amesás
Neste documento recóllense os bens e dereitos das once parroquias amesás: Agrón, Ameixenda, Ames, Biduído, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte. Deste xeito, contén información sobre os inmobles urbanos e rústicos; bens histórico-artísticos; vehículos; viarios; dereitos reais; mobles; semovintes; créditos persoais e valores mobiliarios.
O inventario dispón da relación de todas as propiedades municipais xunto coa valoración do patrimonio. Este documento será unha ferramenta de traballo e un instrumento de xestión municipal moi útil para o Concello, xa que, entre outras cuestións, conta cun inventario onde están actualizados os datos de todas as súas propiedades.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Ames actualiza y expone su inventario de bienes y derechos"




