[01-06-2011] Xa están expostas as lista de admitidos nos campamento municipais de verán. Segundo figura nas bases para realizar a admisión nos campamentos estableceuse unha orde de prioridade. En primeiro lugar tiveron preferencia os nenos/nenas empadroados no Concello de Ames. En segundo lugar, os nenos/as que non estando empadroados están matriculados nun centro educativo de Ames ou os seus pais/nais traballan no termo municipal de Ames. En terceiro lugar figuran os nenos/nenas non empadroados.
Tendo en conta que na maioría dos campamentos o número de solicitudes foi superior ao número de prazas este venres, 3 de xuño ás 10:00 horas, no salón de plenos do Casa do Concello realizarase un sorte público para ditaminar que nenos/as dos admitidos irán aos campamentos. As listas coas prazas asignadas no sorte publicaranse ese mesmo día na entrada do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.
Os nenos e nenas con praza nos campamentos municipais de verán terán que formalizar a matrícula entre o 6 e o 17 de xuño. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de matrícula.




