Luns, 29 de maio de 2017
[29-05-2017] Dende o departamento de Educación informan de que saíron publicadas as listas definitivas de admitidos e excluídos nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro. As devanditas listas pódense consultar na entrada de ambas escolas, así como na Casa do Concello, no departamento de Educación do Pazo da Peregrina e nas Oficinas xerais do Milladoiro. Entre o 1 o 15 de xuño abrirase o prazo de formalización de matrícula.




