Pestanas principais

Próximas convocatorias da Plataforma pola defensa do sector lácteo

Venres, 14 de agosto de 2015

[14-08-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, informa das próximas convocatorias da Plataforma pola defensa do sector lácteo. Cómpre lembrar que o pasado, 30 de xullo, no pleno ordinario de xullo aprobouse por unanimidade de todos os grupos con representación na corporación unha moción presentada polo grupo Ames Novo, para que o Concello de Ames se adherise á Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo.

As próximas convocatorias serán:
Vilalba - 20/8/15
Ordes - 21/8/15
Sarria - 25/8/15
Teixeiro - 27/8/15