[24-09-2016] O curso de psicomotricidade educativa e preventiva, posto en marcha pola Concellaría de Educación e Cultura, está a piques de comezar. Para que os pais e nais coñezan de primeira man o programa do curso de psicomotricidade educativa preventiva, desenvolveranse unhas xuntanzas informativas ao longo da próxima semana. O luns, 26 de setembro, haberá unha reunión no CEIP Agro do Muíño, o martes, 27 de setembro, realizarase no CEIP A Maía e o xoves, 29 de setembro, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro. Todas as xuntanzas serán ás 16:15 horas da tarde.
A primeira semana de outubro dará comezo un novo curso de psicomotricidade educativa preventiva. Esta será xa a décimo primeira edición deste programa dirixido a nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos empadroados no Concello de Ames. O obxectivo que persegue o curso é favorecer no neno a expresión das súas vivencias, medos e emocións dun xeito espontáneo.
Para que os pais e nais estean ben informados antes do inicio do curso de psicomotricidade educativa e preventiva, a Concellaría de Educación e Cultura organiza unha serie de xuntanzas informativas durante a última semana de setembro. O CEIP Agro do Muíño acollerá a reunión o luns 26 de setembro, no CEIP A Maía a xuntanza terá lugar o martes 27, e na Escola Infantil do Milladoiro realizarase o xoves 29. Todas as reunións serán ás 16:15 horas da tarde. Tras estas xornadas informativas, os grupos de nenos e nenas comezarán o novo curso de psicomotricidade educativa preventiva a primeira semana de outubro.
No programa de psicomotricidade participarán un total de 121 nenos e nenas, que están divididos en 9 grupos (hai tres grupos en cada colexio). No CEIP Agro do Muíño impartiranse clases a tres grupos (15 usuarios/as de 3 anos; 15 nenos/as de 4 anos; e outros 15 alumnos/as de 5 anos), ao CEIP A Maía asistiran un total de 31 nenos/as divididos en tres grupos (13 de 3 anos; 12 de 4 anos; e 6 de 5 anos), e na Escola infantil do Milladoiro haberá outros tres grupos (15 usuarios/as de 3 anos; 15 nenos/as de 4 anos e outros 15 alumnos/as de 5 anos).
Expresividade motriz dos nenos/as
O programa de psicomotricidade educativa e preventiva busca traballar a expresividade motriz dos cativos e cativas para mellorar a súa relación co contorno e as condicións do seu crecemento como persoas. O obxectivo xeral que se persegue é apoiar e favorecer o desenvolvemento dos nenos e nenas. Nas sesións traballarase o movemento, a expresión oral e corporal e as manifestacións gráficas e plásticas. Ademais, tamén están orientadas a que os nenos e nenas se acostumen a respectar os demais dentro dun grupo sen que teña que haber conflitos.




