Pestanas principais

A programación de Nadal inclúe preto de 30 actividades que se desenvolverán no mes de decembro e na primeira quincena de xaneiro

Martes, 27 de novembro de 2018

[27-11-2018] O Concello de Ames preparou para o mes de decembro e comezos de xaneiro un amplo abano de actividades que están dirixidas a todos os públicos. A programación comeza este sábado, 1 de decembro, co acto de acendido do alumeado de Nadal. Haberá teatro, obradoiros infantís, eventos e campus deportivos, concertos, foliadas, etc. As actividades péchanse o sábado, 5 de xaneiro, coa Festa de Reis e mailo sábado 12 co Encontro de agrupacións de música e baile tradicional do Concello de Ames. Esta programación tamén recolle o XIII Concurso de Escaparates de Nadal e mailo Concurso de Cartas de Nadal.

Encontro de corais
Para o sábado, 22 de decembro, está prevista a celebración do Encontro de agrupacións de corais do Concello de Ames. Realizarase ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. O sábado 22 tamén se vai a disputar o II Torneo de Nadal de fútbol sala 3x3 do Concello de Ames. Para o domingo 23 está prevista a XII Carreira ciclista do pavo. A partir das 11.00 horas haberá xincanas ciclistas para os/as máis pequenos, e a continuación, ás 12.00h realizarase a carreira polos arredores do parque do río Ameneiral, en Bertamiráns.

Os días 26, 27 e 28 de decembro desenvólvese o obradoiro Xogando coa ciencia, na Casa da Cultura do Milladoiro, de 16.30 a 18.00 horas, para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Esta actividade repetirase os días 2, 3 e 4 e xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Asemade, os días 26 e 27 realizarase o obradoiro de Cociña de Nadal: obradoiro de galletas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 18.30 a 20.30 horas, para rapaces e rapazas de 7 a 12 anos. Esta actividade tamén se fará na Casa da Cultura do Milladoiro os días 2 e 3 de xaneiro. Para estas actividades hai que inscribirse previamente do 4 ao 18 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D
Por outra banda, os días 26, 27 e 28 de decembro realizarase un obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D na aula de informática da Casa da Cultura do Milladoiro, de 18.00 a 20.00 horas. Este mesmo obradoiro desenvolverase os días 2, 3 e 4 de xaneiro na Aula de informática da Casa da Cultura de Bertamiráns. Está dirixido aos mozos/as que teñan de 12 anos en diante. É preciso inscribirse do 4 ao 18 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.

Do mércores 26 ao venres 28 desenvolverase o IV Campus de fútbol sala do FC Meigas e EFS Trasgos, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Ademais, para o mércores 26 e o xoves 27 organízase o II Torneo de Nadal de baloncesto Concello de Ames nos pavillóns municipais. Haberá competición nas categorías preminibásquet (2009-2010), minibásquet (2007-2008) e infantil (2005-2006). O II Torneo de Nadal de fútbol Concello de Ames realizarase os días 2 e 3 de xaneiro nos campos de fútbol municipais.

Foliada con Apego
O venres, 28 de decembro, ás 17.00 horas, no Pazo da Peregrina, farase unha nova edición da Foliada con Apego, que neste caso estará dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk. Esta actividade está dirixida as familias amesás con nenos e nenas, sen límite de idade. É preciso inscribirse do 17 ao 27 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

As últimas actividades do Nadal desenvolveranse o xoves 3, cun obradoiro de galletas de Nadal, na Casa da Cultura de Bertamiráns; o sábado 5 coa Festa de Reis; e o sábado 12 de xaneiro co Encontro de agrupacións de música e baile tradicional do Concello de Ames. Esta programación tamén recolle o XIII Concurso de Escaparates de Nadal e mailo Concurso de Cartas de Nadal.


A programación de Nadal de 2018 comeza este sábado, 1 de decembro, co acto de acendido do alumeado de Nadal, que se desenvolverá a partir das 18.30 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns. Haberá actuacións musicais e chocolate con churros gratis para todos/as os/as asistentes. Tamén este sábado 1 de decembro, de 16.30 a 18.30 horas, realizarase o obradoiro Agasallos naturais, de elaboración artesanal de xabóns. Para participar nesta actividade, que está dirixida a un público adulto, hai que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Baixo o título Que ben sabe esta lúa! o mércores 12 e mailo xoves 13 de decembro, ás 17.30 horas, haberá novas sesións de contacontos nas bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Estas sesións de contos están dirixidas aos nenos e nenas de 3 a 8 anos. A entrada é libre e de balde. Para o venres, 14 de decembro, ás 18.00 horas, hai un novo espectáculo de teatro na Casa da Cultura do Milladoiro. A compañía Baobab Teatro representará a peza Puño Puñete, que está dirixida a un publico infantil de 0 a 6 anos. Os convites poden adquirirse en https://abilleteira.concellodeames.gal/gl.

Para o sábado 15 de decembro organízanse dous obradoiros. O primeiro, sobre Decoración natural para o Nadal, realizarase nas instalacións da Aula da Natureza. Trátase dunha actividade para aprender a decorar a casa con adornos de Nadal de xeito sostible. Haberá dúas sesións: unha en horario de mañá, de 11.30 a 13.30 horas, para adultos, e outra, en horario de tarde, de 16.30 a 18.30 horas, para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. As inscrición haberá que facelas do 4 ao 14 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O segundo obradoiro do sábado 15 é sobre Cociña de Nadal, Showcooking: buffet de Nadal. Neste caso realizarase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 18.00 horas, para maiores de 16 anos. Ao igual que no caso anterior, as inscrición fanse do 4 ao 14 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

As actividades continúan o martes 18 e mailo mércores 19 de decembro, ás 17.30 horas, cos obradoiros de postais de Nadal nas bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Ditos obradoiros están dirixidos aos rapaces e rapazas que cursan de 3º a 6º de educación primaria. Hai 15 prazas para cada obradoiro. É preciso inscribirse do 1 ao 12 de decembro. Asemade, o venres, 21 de decembro, celebrarase a Gala de entrega de premios do Concurso radiofónico de Teatro Lido de Ames, Desata a Lingua! Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.00 horas, e estará conducida polos membros de Ibuprofeno Teatro. A entrada é de balde ata completar aforo.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Los amaianos anticiparán las fiestas navideñas con cuentacuentos y teatro"
Lindeiros: "O Nadal de Ames inclúe preto de 30 actividades ata xaneiro"
Compostela 24 horas: "A programación de Nadal do Concello de Ames inclúe preto de 30 actividades"