Pestanas principais

Programa das Audicións de Nadal da Escola Municipal de Música de Ames

Luns, 18 de decembro de 2017

[18-12-2017] Este luns, 18 de decembro, as aulas terán lugar no seu horario habitual. O martes 19, o horario das aulas non sufrirá variacións, porén o desenvolvemento será diferente, xa que se levarán a cabo os ensaios para as Audicións de Nadal. O mércores 20 non haberá aulas, ao seren substituídas pola realización dun ensaio xeral, entre as 17:00h e as 21:00 horas. Cada mestra ou mestre comunicará ao seu alumnado o horario no que terá que asistir. Finalmente, o xoves 21 celebraranse as Audicións de Nadal, a partir das 18:30 horas, na Aula de Usos Múltiples de Aldea Nova.

Nas Audicións participarán, aproximadamente, un centenar de alumnas e alumnos da EMMA. Haberá actuacións de dúos, tríos e outras máis grandes como a do coro. O obxectivo destas Audicións é mostarlle ás familias, ás amizades e ás demais compañeiras e compañeiros da escola o traballo realizado ao longo destes dous meses e medio. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a programación completa das Audicións.