Venres, 14 de setembro de 2018
[14-09-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de frauta e dunha bolsa de traballo de mestres/as de saxofón para a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 28 de setembro de 2018. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.




