Pestanas principais

Proceso selectivo para a selección e contratación de seis vixiantes de piscina para a tempada de verán 2014

Xoves, 08 de maio de 2014

[08-05-2014]

O departamento de Persoal fai público o anuncio, as bases, o temario e o impreso de inscrición do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames.

As solicitudes presentaranse, conforme ó modelo que se achega como anexo, no Rexistro Xeral do Concello durante os 5 días hábiles seguintes á publicación na web do Concello do correspondente anuncio, sendo o último día de presentación de instancias o 14/05/2014.

As bases e os modelos de solicitude e de declaración xurada pódense obter, ademais de na páxina web, nas oficinas do Servizo de RR.HH. sitas na Casa do Concello (Praza do Concello, número 2, Bertamiráns). Fax: 981891475, Teléfono: 981883002, e-mail: persoal@concellodeames.org. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases, o impreso de declaración xurada, o temario e o impreso de inscrición.