Pestanas principais

Proceso selectivo para a provisión, polo procedemento de urxencia, de dous/dúas técnicos/as de inserción laboral para o desenvolvemento do programa "InserAmes-Brión 2013-2014"

Xoves, 31 de outubro de 2013

[31-10-2013] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o anuncio e as bases da convocatoria para a provisión, polo procedemento de urxencia, de dous/dúas técnicos/as de inserción laboral para o desenvolvemento das accións previstas no programa integrado para o emprego "InserAmes-Brión 2013-2014". Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello durante os cinco días hábiles seguintes á publicación deste anuncio. Polo tanto, o prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 7 de novembro de 2013. O modelo de solicitude, os requisitos e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.