Pestanas principais

Proceso selectivo para a provisión de dous/dúas técnicos/as medios de inserción laboral/prospección de empresas para o desenvolvemento do programa "InserAmes-Brión 2014-2015"

Mércores, 23 de xullo de 2014

[23-07-2014] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o decreto de aprobación de bases, o modelo solicitude e modelo de declaración xurada do proceso selectivo para a provisión de dous/dúas técnicos/as medios de inserción laboral/prospección de empresas para o desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "InserAmes-Brión VII 2014/2015". Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello durante os cinco días hábiles seguintes á publicación deste anuncio. Polo tanto, o prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 30 de xullo de 2014. O modelo de solicitude, os requisitos e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.