Pestanas principais

Proceso selectivo para o nomeamento como funcionario/a interino/a dun/dunha técnico/técnica de Secretaría

Mércores, 28 de xuño de 2017

[28-06-2017] O departamento de Persoal fai públicas as bases e máis o modelo de solicitude da convocatoria para o nomeamento como funcionario/a interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha técnico/a de Secretaría pertencente á escala de Administración Xeral, subescala técnica, de clase superior, subgrupo A1. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación no BOP. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 19 de xullo de 2017. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a convocatoria, o impreso de solicitude e o modelo de declaración xurada.