Pestanas principais

Proceso selectivo para a creación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán 2017)

Venres, 16 de xuño de 2017

[16-06-2017] O departamento de Persoal fai públicas as bases e mailo modelo de solicitude da convocatoria para a creación dunha brigada -4 peóns (1 deles peón condutor) e 1 xefe- de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán 2017). O prazo de presentación de solicitudes será desde o 19 de xuño de 2017 ata o 23 de xuño de 2017. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a convocatoria, o impreso de solicitude, o modelo de declaración xurada, e o temario de dito proceso selectivo.