Pestanas principais

Proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as das escolas infantís municipais

Xoves, 01 de maio de 2014

[01-05-2014] O Concello de Ames, acaba de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as para a cobertura temporal deste tipo de postos nas escolas infantís municipais de primeiro ciclo, O Bosque e A Madalena. Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no rexistro xeral do Concello de Ames ou en calquera dos rexistros establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, durante os cinco días hábiles seguintes á publicación desta convocatoria nun xornal da comarca, na web municipal e no taboleiro de Edcitos do Concello. O modelo de solicitude, os regulamentos das escolas infantís e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.