[12-12-2013] O Concello de Ames, acaba de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes, por medio da cal se cubrirán postos de carácter temporal que, por circunstancias ou atendendo a programas concretos, poidan xurdir no Concello de Ames, con excepción das que por disposición legais non poidan ser obxecto da mesma. Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no rexistro xeral do Concello de Ames ou en calquera dos rexistros establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, durante os cinco días hábiles seguintes á publicación desta convocatoria. O modelo de solicitude, os requisitos e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.