Xoves, 13 de agosto de 2015
[13-08-2015] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca destinada ás bibliotecas municipais deste Concello. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 20 de agosto (inclusive). O anuncio da convocatoria, as bases, o modelo de solicitude, a declaración xurada e o temario específico das bibliotecas municipais de Ames, así como a dirección dalgunhas páxinas web de interese, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.




